Coñecemento




 Este curso,primeiro do terceiro ciclo, o método de traballo na materia difire doutros curso polo que imos describilo a continuación.

O traballo diario consiste en ler e explicar o tema apartado por apartado utilizando o libro dixital con todas as súas ferramentas; animacións, esquemas e exercicios.
Cada día deberemos copiar o subliñado do libro e facer os exercicios e/ou debuxos que aparecerán no blog e na axenda persoal.
Na maioria das ocasións o traballo vai completo da clase xa que adicamos entre 15-20 minutos para este fin.

Os exames faranse ao rematar o tema e procuraremos que haxa un por tema para que non se concentre moita información.
As probas son fundamentalmente prácticas e máis abaixo aparece un enlace a través do cal se pode practicar.
Enlace para repasar e practicar exercicios relacionados co tema.
http://librosvivos.net/portada.asp

As libretas serán revisadas a diario e se falta algunha información aparecerá escrito nela en vermello. Se sucede de maneira reiterada tamén irá a información na axenda, así será máis doado  a comunicación entre profesora e pais.


Tema 3 Os invertebrados
Aquí tedes un enlace para que vexades o video longo sobre a barreira de coral australiana.
https://www.youtube.com/watch?v=5UwmB7tCOPY


OS EXERCICIOS DE LEMBRA O ANTERIOR ENTREGARÁNSE DESPOIS DAS VACACIONS, OS NENOS QUE XA O TEÑAN FEITO PODEN ENTREGALOS CANDO QUEIRAN.

A partir do tema 9 será necesario utilizar o atlas durante as sesións, así deixarémolo na aula.

Aquí vos deixo un enlace dun video sobre o universo.
https://www.youtube.com/watch?v=hX-hwFtAcOw

Os temas 10 e 11 faranse nun só exame, reducindo os contidos xa que faremos tarefas sobre os mapas de maneira individualizada.
Visitar a páxina mapasflash