martes, 5 de noviembre de 2013



Refráns: Referidos ó San Martiño (11 de novembro)


- Polo San Martiño, trompos ao camiño.

- Castañas noces e viño fan as delicias de San Martiño.

- Polo San Martiño, peóns ao camiño; polo San Amaro, peóns ao faiado.

- No día de San Martiño, abilla o teu viño.

- Auga de San Martiño, come pan e bebe viño.

- Despois de San Martiño vén o inverno de camiño.

- Horta de San Martiño, mantén ao seu dono e máis ao veciño.

- Polo San Martiño, mata o porco e proba o viño.

- O verán de San Martiño son tres días e máis un pouquiño.

- Polo San Martiño, mata o teu porquiño.

- Polo San Martiño, nen fabas nin liño.

- Polo San Martiño, buxainas ó camiño.

- Polo San Martiño di o inverno ¡¡¡¡Alá vou eu!!!!

- Polo San Martiño, deixa a auga, come pan e bebe viño.

- A todo porco lle chega o seu San Martiño.

- O veranciño de San Martiño, ou grande ou pequeniño.

- Polo San Martiño, andan as noces a roliño.

- Polo San Martiño faise o magosto, con castañas asadas e viño ou mosto.

- As castañas que despois de San Martiño quedan no souto, son do moucho.

- Ben boa vida pasa o porco e mais dorme no cortello.

- O que non mata porquiño non ten lacón nin touciño.

- Alegría, alegrote que anda o rabo da porco no pote.
Referidos a San Andrés

- Bendito o mes que comeza con Santos, media con San Uxío e remata con San Andrés.

- Por tódolos Santos, neve nos altos, polo San Andrés, neve nos pés.

- Ditoso mes que empeza en Santos e remata en San Andrés.

- Polo San Andrés colle o porco polo pé.

- Polo Santo André mata o teu parco como o tes
Outros:


- Se novembro empeza ben, nada hai que temer.

- Polo Novembro as noites van crecendo.

- De Santos á Navidá, é inverno de verdá.

- Dende Santos ó Nadal é inverno natural.

- De Santos a Nadal, inverno carnal.

- De Santos á Ascensión non quites o mantón.

- No mes dos mortos, mata os teus porcos.

- Chegan os defuntos e chegan os corvos todos xuntos.

- Por Santos, ainda hai campos verdes e xa hai montes brancos.

- Cando Santos remata, o inverno empeza.


"Polo San Lucas mata o teu porco e baña a túa cuba".

"Polo San Tomé dálle ó porco polo pé". 

lunes, 28 de octubre de 2013

O SAMAÍN

ORIXES E EVOLUCIÓN DO SAMAÍN
Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas e, con el do ano vello, e o comezo do inverno e, con el, do ano novo.
 Igualmente, o Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesta noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas; por veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar.
Coincidía así, nesta noite do 31 de outubro ó 1 de novembro e tamén ó 2 de novembro, a festa do paso dun ano a outro, co momento da apertura ás ánimas do outro mundo.

Pero outras fontes dan unha explicación contraria. A chegada das ánimas nesta noite representaba un potencial perigo do que se defendían colocando sobre os muros ou nos vaos das paredes as caveiras dos seus inimigos, para que as ánimas que puidesen vir non se achegase ós castros nin ás casas. Dentro desas caveiras colocaban unha candea de sebo acesa.
Disque, nestas mesmas datas, prendíanse lumes sagrados e que con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas. Estas fogueiras tamén podían cumprir o obxectivo de guiar os mortos na escuridade da noite e facilitarlles así que atopasen os seus fogares e os seus parentes.
Afírmase que polo samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño para pórlles dentro candeas, e esta tradición, conservada en Irlanda, puido ter sido exportada aos Estados Unidos de América polos irlandeses coas migracións a este país no século XIX e comezos do XX. De ser así, a tradición tería continuidade nas festas deHalloween, do que sería o seu precedente, nunha adaptación do samaín na cultura estadounidense, semellante a un entroido, na que os nabos foron substituídos por grandes cabazas. Co paso do tempo, a influencia cultural estadounidense no resto do mundo conseguiu que o Halloween regresase a Europa para converterse nunha festividade cada vez máis popular.


lunes, 9 de septiembre de 2013

NUESTRO OBJETIVO

¡DESPIERTA! OTRA MIRADA ES POSIBLE



"EDUCAR LA SENSIBILIDAD COMO LA CAPACIDAD DE DESPERTAR, PERMANECER ALERTA Y COMPROMETERNOS ANTE TODO LO QUE ACONTECE A NUESTRO ALREDEDOR."


ATENDER A LO QUE NOS RODEA
EMPATIZAR CON EL OTRO EN DIFERENTES SITUACIONES
GOZAR Y DISFRUTAR DE LO COTIDIANO
SENTIR COMPASIÓN, TERNURA Y HUMANIDAD.
DESCUBRIR LA BELLEZA Y TENER GUSTO ARTÍSTICO

sábado, 31 de agosto de 2013

SEPTIEMBRE DE 2013


¡Hola a todos!Si ya estáis preparando todo vuestro material escolar porque ya falta muy poco para empezar un nuevo curso, hacéis muy bien ya que hay que ser previsores.

El primer dia de clase es el miércoles día 11 y el horario es de 9:00  a 14:00 horas. Hasta entonces. 
Un abrazo: Isabel.